Abril 2015- nº 3

 

 

OPINIÓN

 

A convivencia nos centros escolares. Apuntamentos para a reflexión


A convivencia nos centros educativos é un tema de enorme extensión e calado que non se pode abordar con pretensións nin de esgotalo nin de dicir algo indiscutible. Os apuntamentos que ofrecemos son, en todo caso, un exercicio de reflexión profesional parcial que agardamos que sexan de utilidade.

Non estaría mal recordar que empezou a ser un tema de altísima preocupación político-mediática cando empezou a poñerse en práctica a LOXSE, por motivos moi variados, pero seguramente pola confluencia do interese da dereita de desprestixiala co malestar dun profesorado de secundaria que se tiña que encontrar nas aulas cun alumnado en idade adolescente sen selección previa, que era a que establecía o Bacharelato dende os 14 anos... (Ler máis)

 

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

 

 

XXIX Encontro galego- portugués de Educadoras/es pola Paz: "Convivencia e benestar para o século XXI: Experiencias e recursos"
Chantada, 24, 25 e 26 de abril de 2015.

Neste Encontro afondaremos en innovadoras perspectivas, ferramentas e dinámicas educativas dirixidas á consecución dun benestar común óptimo, libre das múltiples expresións da violencia. Entre outras temáticas abordaremos: a titoría entre iguais, planos de convivencia escolar, o fomento das redes locais de resposta social de base, a colaboración intersectorial, o sociodrama, as prácticas restaurativas, a música, a danza e a creación artística e literaria.
A actividade está homologada pola Consellería de Educación e OU. Toda a información
aquí.

 

 

 

VI Seminario sobre a memoria: "O exilio, a muller e a guerrilla: O Gardarríos" 
Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Mondoñedo e Lourenzá, 8, 9 e 10 de maio de 2015.

Constitúe, globalmente, unha proposta didáctica para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Polo tanto, preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre o exilio, a muller e a guerrilla antifranquista contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén. 

A actividade estará homologada con 20 horas de formación para o profesorado.
As prazas son limitadas. Toda a información
aquí. 

 

 

ACTIVIDADES REALIZADAS

 

 

O VIII Encontro de debate sobre o medio rural...

Celebrouse en Samos os días 7 e 8 de marzo cun gran éxito de participación. Para os/as que non puidemos asistir, tiveron a ben deixarnos unhas conclusións que podemos ver aquí. 

 

 

 

O VI Seminario-Obradoiro de Avaliación de materiais didácticos...

Celebrouse en Vedra os días 20, 21 e 22 de febreiro baixo o título "A educación e os materiais didácticos en Finlandia: Que podemos aprender?" 
Deu moito que falar e foi todo un éxito.
Non deixedes de seguir toda a información que vai incluíndo a organización do seminario no web da actividade.

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 

 

A piques de saír á rúa o novo número da
Revista Galega de Educación!
Toda a información aquí. 

 

 

ACONTECEMENTOS

 

 

 

O pasado 16 de marzo o profesor Michael Apple estivo na Coruña con motivo do seu nomeamento como Dr. Honoris Causa. Aproveitamos para entregarlle a separata coa entrevista realizada por Antía González Ben e que se incluíu no nº 60 da Revista Galega de Educación.

O 28 de febreiro foi o nomeamento do director da Revista Galega de Educación, Xesús Rodríguez, como colexiado de honra do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG). Alí estivemos para acompañalo.

 

 

 

 

Queres ser asociado/a de NEG?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de asociación

Queres ser subscritor/a de Revista Galega de Educación?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de subscrición

 

 

@Nova Escola Galega
unsubscribe from this list    update subscription preferences 






This email was sent to xlastra@mundo-r.com
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
NOVA ESCOLA GALEGA · R/ das Hedras, 4-2ºO. CP 15895. Milladoiro · Ames, A Coruña 15895 · Spain

Email Marketing Powered by MailChimp